PROVINCIA
A Deputación súmase á demanda de regular por Lei o ratio mínimo de enfermeiros
Carmela Silva asinou a ILP “La sanidad que merecemos. Ley de ratios” e anunciou o traslado ao Congreso dos Deputados do apoio da corporación provincial
A Deputación de Pontevedra trasladará ao Congreso dos Deputados o apoio da corporación á Iniciativa Lexislativa Popular “La sanidad que merecemos. Ley de Ratios”, do sindicato SATSE de Galicia, a cal foi detallada no pleno da institución pola Secretaria Xeral, Carmen García Rivas. A presidenta provincial, Carmela Silva, asinou a petición para o seu debate no Congreso e defendeu “mellores ratios de enfermeiras e enfermeiros para garantir a seguridade dos e das pacientes en centros sanitarios e outros ámbitos”.
Carmen García Rivas explicou ante a corporación “que os ratios por paciente non chegan aos mínimos esixidos segundo os estudos feitos sobre as plantillas do persoal enfermeiro dos centros, polo que estamos a poñer en risco a seguridade dos e das pacientes e por iso debemos igualar o ratio coa media europea, que sitúase en 8,8 enfermeiros e enfermeiras por cada 1.000 habitantes mentres que en España é de 5,3 e en Galicia de 4,3”. Tras a súa intervención Carmela Silva, en nome de toda a Corporación, agradeceu á Carmen García Rivas “por vir a este pleno a expresar as vosas reclamacións” e fixo un recoñecemento ao persoal enfermeiro, “que realiza unha labor fundamental no servizo sanitario”.
As demandas do sindicato SATSE veñen a tentar poñer solución ás evidencias existentes de que a dotación insuficiente de persoal de enfermería pon en risco a seguridade dos e das pacientes, e do persoal profesional, aumentando a mortalidade e a morbilidade, provocando en consecuencia un maior custe para o sistema sanitario en forma de reingresos ou estancias largas. Así, unha maior dotación de recursos humanos suporá o cumprimento dos niveis de calidade requiridos para garantir a protección á saúde que consagra o artigo 43 da Constitución Española.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58