Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 07 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación adxudica a contratación do Programa “Depo en Marcha 2019”

A empresa Xestión Cultural Aurea S.L. será a encargada de xestionar o programa que este ano ten un orzamento de 156.000 euros

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación da contratación do servizo de xestión, desenvolvemento e execución do programa “Depo en marcha 2019”. Así, a empresa Xestión Cultural Aurea S.L. será a encargada de xestionar o programa, que este ano conta cun orzamento de 156.000 euros.

 

Máis polo miúdo, entre os criterios sociais valorados no contrato estiveron o compromiso da empresa para mellorar as condicións laborais e salariais por riba do convenio sectorial e territorial ás persoas docentes dos obradoiros e, tamén, o compromiso de contratar, para a execución do contrato, un número de mulleres superior ao 50% do persoal contratado.

 

“Depo en Marcha 2019” ofertará inicialmente 130 obradoiros que se aumentarán en función do número de solicitudes presentadas polas entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra. Todos eles, de 30 horas de duración, agrúpanse en oito grandes áreas: “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”. Os principais obxectivos deste programa son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, así como potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.