Miércoles, 05 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 08 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Retírase unha construcción que obstaculizaba a visibilidade no acceso a San Eleuterio

Un acordo co propietario permitiu a eliminación do obstáculo

Dentro da obra de humanización do acceso a San Eleuterio, parroquia de Tameiga, ven de realizarse a retirada dunha construcción que obstaculizaba enormemente a visibilidade no cruce coa vía de servizo da autovía. O Concello de Mos chegou a un acordo co propietario e puido retirarse este obstáculo cuxa eliminación viña sendo solicitada históricamente pola veciñanza dende fai dúas décadas.


A obra de humanización do acceso de San Eleuterio comezou a mediados do pasado mes de decembro e está previsto o seu remate de cara á vindeira primavera.


Con esta actuación créase na contorna da urbanización de San Eleuterio un novo itinerario peonil que dá continuidade ao existente na Estrada Tameiga-Pereiras, ao Oeste, e chega á Ermida de San Eleuterio, onde se continúa polo Camiño da Levantada, ata a vía de servizo da Autovía A-55, ao Norte.


Esta nova beirarrúa, de polo menos 1.80 metros de ancho, axústase ás aliñacións viarias definidas no PXOM-2017 e garante a seguridade do tránsito peonil entre as vivendas e os equipamentos (Campo de Fútbol, Ermida de San Eleuterio ou Escola Infantil A Galiña Azul de Cototorrón).


O ancho da calzada auméntase naquelas zonas onde hai estreitamentos perigosos, sempre axustándose ás aliñacións do plan.


A actuación compleméntase cos muros e movementos de terra necesarios para ampliar a sección viaria, e tamén con obras complementarias, como o deseño de nova iluminación eficiente, a adaptación da drenaxe ou a mellora da sinalización.


A inversión que require esta obra de mellora dos accesos a San Eleuterio é de 254.449,77 euros e conta con subvención provincial do Plan Concellos 2018.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.