Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 07 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
BAIONA

Carmela Silva denuncia que “o machismo” négalle ás mulleres “o dereito a ser”

A presidenta da Deputación de Pontevedra participou nun coloquio ao redor da igualdade e o feminismo organizado pola Agrupación Socialista de Baiona

“Cando descubrín o feminismo dinme conta que non me ían poder parar, porque tiña un arma que non facía dano, que non mataba, a arma do pensamento feminista”. Carmela Silva fixo este xoves unha defensa férrea da importancia do feminismo para a sociedade nun coloquio organizado pola Agrupación Socialista de Baiona.
“De nena dicíanme que non preguntase tanto, que non falase tanto, que non me sentase no centro... Pronto entendín que era por ser muller”, contou a presidenta da Deputación de Pontevedra ante un salón ateigado de veciñas e veciños da vila.


“Non só nos dicían o que tiñamos que facer, senón que nos silenciaron, nos quitaron dos libros de historia”, continuou defendendo Silva, que sinalou que o feminismo “é un proxecto colectivo e emancipador”. “Nós defendemos querer ser. Como alguén nos pode negar o dereito a ser?”, preguntábase a dirixente socialista. “Pois iso é o que fai o machismo”.


Silva quixo lembrarse das “984 mulleres asasinadas desde 2003” por violencia machista, unhas cifras que considera “inaceptables”, preguntándose como reaccionaría a cidadanía se en vez de mulleres fosen asasinados por terrorismo.


“O que pasou o ano pasado foi un fito histórico”, asegurou sobre a mobilización do 8M de 2018, e tras facer un repaso as anteriores tres ondas do feminismo asegurou que a cuarta, na que nos atopamos agora, está disposta a “rachar” cos “teitos, que non son de cristal, son de formigón armado”.


Xunto a Carmela Silva participaron Concepción Vara, secretaria de igualdade do partido en Baiona; María Pierres, deputada socialista autonómica e responsable de igualdade; e Susana Pérez, presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia, que foron presentadas por Carlos Gómez, candidato socialista á alcaldía de Baiona.


María Pierres quixo facer fincapé “en todas as políticas de igualdade que desde os gobernos socialistas, incluíndo este de Pedro Sánchez, se puxeron en marcha”, facendo un repaso as medidas postas en marcha nos últimos oito meses, e acosou ao PP de estar centrado “en gañarlle a carreira á extrema dereita, e nesa carreira as que saímos perdendo somos as mulleres”.


Pola súa banda, Susana Pérez fixo un chamamento a que as mulleres defendan a igualdade nos seus postos de traballo. “Temos que exixirlle a todas as empresas un plan de igualdade, e non só iso, temos que comprobar que este plan se leva a cabo para que non quede esquecido nun caixón”, asegurou a presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia.


A apertura do acto correu a cargo da secretaria de igualdade da executiva local do partido, Concepción Vara. Vara considera que seguimos “vivindo nesa ilusión de que acadamos moitos dereitos; eu persoalmente non o vexo así. Na nosa vila a igualdade non ten importancia, non ten valor”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.