Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 08 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As mulleres do Goberno da Deputación de Pontevedra súmanse este venres á folga

A presidenta Carmela Silva, as deputadas do goberno e as mulleres dos gabinetes deixarán baleiros os despachos e animan a todas as traballadoras a secundar o paro

As dependencias e as axendas do goberno da Deputación no Pazo Provincial de Pontevedra estarán valeiras de mulleres este venres 8 de marzo, xa que tanto a presidenta Carmela Silva, como as deputadas e as mulleres dos gabinetes secundarán a folga feminista de 24 horas, á que animan a participar a todas as traballadoras da institución. Os únicos actos nos que van a participar será, como en anos anteriores, na concentración convocada ás 11.00 horas no hall do Pazo Provincial na que terá lugar a lectura do Manifesto, e nas mobilizacións convocadas en Pontevedra e Vigo, amais doutras localidades da provincia. Precisamente o Pazo tinguirase de cor violeta desde a noite deste xoves ata o próximo domingo.

 

A presidenta da Deputación sinalou que “se o 8 de marzo do 2018 xa supuxo un día histórico no que as reivindicacións das mulleres encheron as rúas de todo o mundo, estou convencida de este ano aínda superaremos aquelas expectativas porque, amais, considero que agora mesmo temos máis razóns que nunca para volver a berrar que esta sociedade non será decente nin xusta se o 52% da poboación segue a estar infrarepresentada”. Silva recordou que “a folga de este venres é de 24 horas e se trata dunha folga de mulleres. Os homes deben acompañarnos nas mobilizacións porque estamos ante unha batalla de todas e de todos, pero a folga a temos que facer nós, e para que iso sexa posible eles deben ocuparse de traballar e de encargarse dos coidados que nós temos que facer cada día”.

 

 

 

 

As 11.00 terá lugar a lectura do Manifesto do 8M nunha concentración no hall do Pazo Provincial que se tinguirá de violeta desde a noite deste xoves ata o domingo

 

 

 

 

Silva fixo un chamamento a participar na folga a todas as traballadoras da Deputación e de toda a provincia de Pontevedra. “Isto ten que ver con todas as mulleres, veñan de onde veñan e pensen como pensen. Xogámonos se queremos vivir nun mundo onde teñamos os mesmos dereitos, ou nunha sociedade onde as mulleres vivimos rodeadas de discriminacións, violencias e desigualdades”.


A presidenta rematou dicindo que “as nosas nais, as nosas fillas, as nosas netas, todas as mulleres temos dereito a vivir nun mundo no que teñamos as mesmas oportunidades e a vivir en espazos libres de agresións. Por todo iso temos que ir á folga e estou segura que a inmensa maioría dos homes apoiarán as nosas reivindicacións porque iso supón apoiar unha sociedade mellor”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.