Martes, 16 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 10 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa Eva García afirma que “as mulleres estamos ante un ‘tempo de excepción”

“Estamos en tempo de excepción: se nos chaman feminazis por defender os nosos dereitos, pois a moita honra por que as mulleres queremos é facer as cousas do mesmo xeito que os homes”, dixo Eva García, alcaldesa de Porriño no acto institucional do 8M celebrado o venres nesta vila.

 

“Vimos de ver o que ten pasado en Andalucia: a ameaza de partidos que pretenden arrebatarnos dereitos que creíamos ter gañado para sempre; por eso digo que estamos en tempo de excepción” manifestou na súa intervención diante da Casa Consistorial co gallo do 8 de Marzo.

 

“As mulleres fan Porriño”, lema da campaña institucional do Concello presidiu a concentración na que participaron hoxe varios centos de veciñas e veciños na praza Arquitecto Antonio Palacios. Eva García sinalou que “hoxe dou grazas por terme permitido ser a vosa alcaldesa e poder ver esta praza completamente chea de mulleres e homes de Porriño pedindo a igualdade”

 

Tanto a alcaldesa de Porriño coma o goberno municipal, funcionarias e traballadoras do Concello sumaronse hoxe a folga xeral feminista para reclamar a igualdade real de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres.

 

“Queremos ir polas ruas tranquilas; queremos cobrar o mesmo cos homes; non queremos que nos cosifiquen; queremos ter os mesmos dereitos que teñen os homes” engadiu na sua intervención a alcaldesa porriñesa. Finalmente invitou á veciñanza a sumarse esta noite á manifestación que terá lugar en Vigo para a que o concello fletou autobuses a fin de facilitar o transporte.

 

Eva García xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Soledad Girón así como a concelleira non adscrita Sabela Landín e tamén representantes de “Eu son” fixeron uso da palabra no transcurso do acto que rematou ca entrega de rosas brancas a todalas mulleres que asistiron. 

 

A campaña “As mulleres fan Porriño” coninuará ata o 13 de marzo. Entre os diversos actos programados destaca a celebración dunha mesa redonda, prevista para o martes 12 que contará coa presenza de Leire Pajín, ex ministra de Igualdade; Carmen Avendaño, presidenta de “Erguete” e Carla Reyes, xornalista e presidenta de “Executivas Galicia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.