Viernes, 20 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 10 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Regades apunta a unha maioría socialista co “impulso dunhas listas de unidade”

O secretario xeral defendeu a xestión da executiva que dirixe e felicitou ao partido por un proceso de elaboración de listas, aprobadas por aclamación, no que primaron “o diálogo e o consenso”

David Regades dou conta ante o Comité Provincial celebrado onte sábado da actividade, tanto política como orgánica, da Comisión Executiva Provincial da que é secretario xeral. Regades resaltou o traballo feito ao redor de catro “eixos fundamentais”: a igualdade, a defensa das pensións, da sanidade pública e da educación.

 

O máximo dirixente provincial sinalou varias accións levadas a cabo pola executiva neste eido, “sempre traballando da man das agrupacións e da militancia” e con especial incidencia en promover o movemento social e activista, así como en mobilizar á militancia para a participación en diferentes protestas e manifestacións.

 

“Quero desde aquí tamén agradecer o traballo feito aos nosos representantes públicos, parlamentarios e senadores”, sinalou Regades, que puxo en valor o traballo feito en coordinación cos diferentes cargos públicos, tanto nas Cortes Xerais como na Deputación de Pontevedra e no Parlamento de Galicia. “Colaborando con eles puxemos en marcha diferentes accións e mocións co foco centrado na nosa provincia”, puntualizou o secretario xeral.

 

Regades destacou tamén a chegada de Pedro Sánchez á presidencia do Goberno central. “Desde Pontevedra imos contribuír, como xa fixemos ata agora, a que os próximos catro anos sexan catro anos de venres sociais que melloren a vida da veciñanza”, sentenciou o secretario xeral, que non tivo reparos en sinalar ao PP como “a dereita tóxica e nociva”.

 

Listas electorais

Neste Comité Provincial foron aprobadas por aclamación as listas para o Congreso e Senado, así como as dos concellos de máis de 50.000 habitantes. Regades felicitou ao partido por un proceso de elaboración de listas “exemplar” no que primaron “o diálogo e o consenso”.

 

A lista ao Congreso estará encabezada pola militante de Vigo Olga Alonso, ex secretaria comarcal de UXT e concelleira de educación, eido no que desenvolveu a súa labor profesional como directora dun colexio. O número dous será para Guillermo Meijón, e o tres para Ángeles Marra.

 

O histórico dirixente socialista de Arousa Modesto Pose, pola súa banda, encabezará a lista ao Senado, na que estará acompañado por Margarita Adrio e Daniel Chenlo.

 

Regades valorou positivamente o traballo feito por parte de todas as agrupacións para confeccionar unhas listas  “fortes” e que achegan “o partido á cidadanía”. “Todas e todos os que estades hoxe aquí poderiades formar parte desta lista”, asegurou o secretario xeral, que quixo destacar a “unidade” como un dos sinais de identidade destas listas.

 

Reforzo do partido a nivel interno

Regades fixo tamén un repaso á actividade orgánica feita desde o partido, poñendo como exemplo a creación dun servizo de asistencia xurídica, as xuntanzas de traballo comarca a comarca para coñecer as inquedanzas da militancia, a renovacións das sectoriais ou a realización dunha enquisa sobre necesidades das agrupacións.

 

A este actividade hai que sumarlle os protagonizados por diferentes cargos orgánicos e políticos do PSOE. Así, en outubro visitou a provincia Ander Gil, voceiro socialista no Senado, que estivo en varios concellos da provincia durante unha fin de semana de intensa actividade política. A estas visitas hai que sumar ás da vicepresidenta Carmen Calvo; o ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas; José Luis Ábalos, ministro o de Fomento e secretario de organización do PSOE; e a ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo.

 

Regades non quixo esquecerse da celebración para a militancia organizada pola executiva a finais de setembro no Porriño. A Iª Festa da Rosa provincial contou coa asistencia de máis de 1.000 persoas e a participación da vicesecretaria xeral federal e voceira do Grupo Socialista no Congreso, Adriana Lastra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.