Vigo
15 empresas presentan as súas ofertas para a nova estación de autobuses intermodal de Vigo
A contratación incluirá a construción da estación de autobuses e a parte dos accesos e dos túneles que chegan ata a mesma e a previsión é iniciar as obras da nova terminal de Urzáiz no 1ºsemestre de este ano
Un total de 15 ofertas presentan as súas ofertas para a execución das obras da nova estación de autobuses intermodal de Vigo, cun investimento de case 16 millóns de euros.
A licitación incluirá a nova estación de autobuses e a parte dos accesos e dos túneles que chegan ata a mesma, e contan cun prazo de execución total de 18 meses, desde o seu inicio. As actuacións enmárcanse no conxunto intermodal planificado en Urzáiz, composto pola estación de ferrocarril, o centro comercial, a nova terminal de autobuses e os accesos ao complexo. A previsión é iniciar a execución das obras na primeira metade de 2019.
A tramitación do proxecto fíxose ao abeiro da Lei 3/2016 para proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese e é o que permite licitar as obras da nova estación de autobuses e os accesos, así como o recente inicio da execución do Centro Vialia.
A Xunta, o Concello de Vigo e o Adif traballan coordinadamente no desenvolvemento da estación intermodal, que debe sincronizar a execución da terminal de autobuses coa do Centro Vialia e dos accesos, que financian conxuntamente as tres administracións. A nova estación de autobuses intermodal conta ademais co co financiamento dos Fondos FEDER Galicia 2014- 2010.
A execución da estación de autobuses ao carón do centro Vialia e da estación de ferrocarril permitiralles aos usuarios o cambio de transporte dun xeito máis rápido e cómodo, a través dunha zona habilitada especialmente, adaptada para as persoas con mobilidade reducida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217