Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 14 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
BAIONA

O BNG presenta a candidatura completa para as Municipais de Maio

"O crecente apoio veciñal facilitou a conformación da mesma, cunha palpábel renovación moi feminizada" aseguran nun comunicado

A renovación "é palpábel, formando parte dela sete novas incorporacións, cunha forte presenza feminina (dez de dezasete) e cunha media de idade inferior aos 42 anos"".

 

Mais si algo cómpre destacar foi a manifesta intención de homenaxear a quenes lles antecederon na defensa dos valores que representa o BNG. Como xa é costume, o peche da candidatura ten unha significación honorífica e Xosé Francisco Quintas ten todo o recoñecemento polo seu compromiso e apoio ao BNG desde hai moito anos, estando ás duras e ás maduras, botando unha man altruistamente sempre que se lle pediu, sin máis aspiración que ver medrar o proxecto nacionalista en Baiona. Este recoñecemento continúa coas catro suplencias, que representan aquela vella guardia que participou activamente na política nos tempos máis complexos: Ana, Marcote, Xela e Miguel Blach recibiron tamén ese recoñecemento e coñecemento polas novas persoas que agora encabezan a candidatura ás Municipais" explican

.

 

"Estes catro últimos anos vimos como día a día iamos gañando máis confianza entre a veciñanza, sendo quenes de abandeirar o liderado na oposición fronte a un Partido Popular esnaquizado e sin proxecto para Baiona", decía Iago Pereira, candidato á Alcaldía. "Nós estivemos sempre aí, na loita contra o campo de golf, na defensa das demandas dos pais e nais do Primeiro de Marzo, na reclamación de pediatra substituto, nas demandas pola xestión da piscina mancomunada e recientemente na consecución do Centro de Interpretación da Naturaza na Foz do Miñor. Eis a diferenza na xestión que representa o BNG fronte ao Partido Popular, abandeiras proxectos contando coa colaboración da veciñanza e dos colectivos, non asumilos unilateralmente até provocar conflictividade social".

 

Xosé Manoel Marcote, Yasmina Moreira e Iago Pereira fixeron a presentación dunha listaxe de persoas "comprometidas pola transformación de Baiona e cun proxecto que ten as ideas claras".

 

A candidatura confórmase como segue:

 

01.      Iago Pereira Moreda

02.      Yasmina Moreira Costas

03.      Xosé Manoel Marcote Gil

04.      Mª Xulia Castro Campos

05.      Patricia Mariscal Domínguez

06.      Xosé Luís Blach Fernández

07.      Bernabé Sequeiros Pinzás

08.      Montserrat Fernández Morell

09.      Alba Camesella González

10.      Iolanda Lamas Ambroa

11.      Miguel A. González Lago

12.      Martín López Goce

13.      Cruz Refojos Meneses

14.      María Romero Soliño

15.      Belén Piñeiro Costas

16.      Uxía Costas Pais

17.      Xosé Francisco Quintas González

 

Suplentes:

01.      Ana Mª Rodríguez Fernández

02       Xosé Manuel Marcote Rodríguez

03.      Miguel Blach Leyenda

04.      Mercedes Leyenda Nogueira

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.