GALICIA
A Xunta e o Colexio Oficial de Psicoloxía renovan a colaboración para a atención en situacións emerxencias
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez, asinaron onte un convenio neste sentido
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez, renovaron onte o convenio de colaboración para o mantemento do Grupo de Intervención Psicolóxica en catástrofes e emerxencias (GIPCE).
Trátase dun grupo de profesionais que se mobiliza cando así se solicita desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias CIAE-112, e que presta atención psicolóxica cando máis o precisan as vítimas e os seus familiares.
Ademais do labor imprescindible que realizan ante estas situacións os servizos sanitarios, de emerxencias ou forzas e corpos de seguridade, é fundamental tamén ofrecer unha pronta actuación no ámbito psicolóxico para afrontar as consecuencias de situacións límite.
O GIPCE é só unha das moitas liñas de colaboración que a Vicepresidencia mantén con este Colexio, co que tamén se coopera na atención psicolóxica ás vítimas de violencia de xénero e aos homes con problemas de conduta; na elaboración de periciais na Administración de Xustiza; ou na posta en marcha de servizos de mediación intrafamiliar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218