O PORRIÑO
Escolares do Porriño plantan árbores nos montes de Chenlo
Arredor de 100 nenos e nenas do CEIP Antonio Palacios e o CEIP Plurilingüe da Ribeira plantaron 50 cerdeiras na contorna do campo de fútbol de Chenlo
Escolares do CEIP Antonio Palacios e o CEIP Plurilingüe da Ribeira participaron onte na plantación de árbores autóctonas nos montes de Chenlo. Arredor de 100 nenos e nenas dos colexios de Torneiros conmemoraron deste xeito, como cada ano, o a Xornada Mundial Forestal tamén denominada Día da Árbore, que cada ano coincide coa entrada da primaveira o 21 de marzo. Nesta ocasión, e debido aos cambios climáticos que estamos a vivir, adiantouse unhas semanas para asegurar que as árbores plantadas polos cativos medren con toda seguridade.
A actividade, organizada pola Entidade Local Menor de Chenlo en colaboración coa Xunta de Galicia, persigue concienciar aos máis novos sobre a importancia ambiental e económica do sector forestal e o vital de coidar entre todos o noso ben máis preciado: o entorno.
A tal fin, unha brigada de axentes medioambientais do distrito XVIII da Consellería de Medio Rural, explicou aos pequenos e pequenas os pasos a seguir para plantar as 50 cerdeiras que darán vida aos montes de Chenlo.
Os escolares estiveron acompañados polo alcalde pedáneo da ELM Chenlo, Alejandro Lorenzo, e o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves
Acompañando aos cativos, estivo o alcalde pedáneo de Chenlo, Alejandro Lorenzo, o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, o director do CEIP Antonio Palacios, Andrés Vieitez, e a xefa de estudos do CEIP da Ribeira, Mar Lorenzo, que tamén botaron un man e non dubidaron en coller os sachos e a mangueira para prantar as árbores.
Para lembrar quen prantou cada árbore, os pequenos e pequenas penduraron do seu tronco o seu nome. Así, cada unha das árbores dos montes de Chenlo ten nome propio.
Tras toda unha mañá de traballo, a xornada finalizou coa intervención do camión motobomba co que, ademáis de regar as súas recén prantadas árbores, aprenderon como se intervén á hora de sofocar un incendio forestal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103