Viernes, 20 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 20 de Marzo de 2026 a las 08:34:33 horas

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño celebrou a V Gala do Deporte

O piragüista Rubén Millán e a triatleta Iria Rodríguez, resultaron mellores deportistas absolutos

Tomiño celebrou esta fin de semana a 5ª edición da Gala do Deporte; un acto no que se recoñeceu una ano máis, o traballo dos deportistas tomiñeses ao longo do último ano.

 

Os galardóns e recoñecementos atenderon a varias categorías, que foron dende o mellor evento deportivo, á mellor deportista masculino e feminino absolutos.

 

Estes últimos recaeron no piragüista Rubén Millán e na triatleta Iria Rodríguez, respectivamente.

 

Roi Rodríguez e Brais Pereira, foron distinguidos, respectivamente, coma 2º e 3º mellores deportistas masculinos absolutos, e Elena Cañibano e Zaida González, 2ª e 3ª mellores deportistas femininas. (Resto de premios, no listado).

 

A gala, presentada por Terio Carrera, contou coa actuación de Pepo Suevos, (actor de programas e series da TVG), e dun grupo de danza contemporánea. Durante a celebración do evento distinguiuse tamén o mellor adestrador, promesas masculino e feminina, mellor equipo de fútbol, premio afán de superación, mellor equipo base, e mellor evento deportivo.


Como novidade desta quinta edición, celebrouse unha xornada multideporte para a infancia, onde nenos e nenas puideron practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio.

 

 

 

 

Roi Rodríguez e Brais Pereira, foron distinguidos, respectivamente, coma 2º e 3º mellores deportistas masculinos, e Elena Cañibano e Zaida González, 2ª e 3ª mellores deportistas femininas

 

 

 


Pecharon a gala os premios aos deportistas con maior proxección deportiva e o premio aos mellores deportistas masculino e feminino absolutos.


 
Listaxe de premios:


MENCIONS ESPECIAIS
-Xuvenís e infantil AD Tomiño
-Tomiño Feminino de F7
-Equipo Spartan Team
-Benxamís Club de Atletismo Trega de Tomiño
-Equipo Pumuky Racing
-Óscar Álvarez (Rally)


 
PREMIO ENTIDADE QUE COLABORA CO DEPORTE
ACANOR

 

PREMIO A IGUALDADE NO DEPORTE
Jonathan Martínez (organizador dun evento de defensa persoal feminina)

 

PREMIO AFÁN DE SUPERACIÓN
San Xerome Emiliani

 

PREMIO MELLOR EQUIPO
Goián FC

 

MELLOR ENTRENADOR
Pablo Pousa e Emilio Rodríguez do Club Deportivo Miño-Os Teixugos

 

MELLOR EQUIPO BASE
Club Atletismo Trega de Tomiño

 

DEPORTISTA MASCULINO MAIOR PROXECCIÓN
Adrián Millán (Tiro con arco).

 

DEPORTISTA FEMININO MAIOR PROXECCIÓN
Candela Fernández (Piragüismo).

 

MELLOR PROMESA MASCULINO
Sergio Rodríguez Martínez (Piragüismo)

 

MELLOR PROMESA FEMININO
Nerea Romero González (Judo)

 

MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO


1.Rubén Millán (Piragüismo)  
3°campeonato do mundo k4 1000
3°campeonato de Europa k4 1000m
1°campeonato España k4 1000m
1°campeonato España k4 500m
1°campeonato España  k2 1000m

2. Roi Rodríguez (Piragüismo)
1º NElo Winte Challege de Portugal
1º Copa de España de Sprint Olímpico  k1
1º Copa do mundo de sprint olímpico (Récord do mundo) k1

 

3. Brais Pereira (Judo)
Campión galego junior
Subcampión galego absoluto
Bronce sector nacional junior
Campión sector nacional absoluto
Sétimo Copa de Europa Junior A Coruña
Campión Liga Nacional Junior por clubs
Bronce liga gallega de clubes  

 

MELLOR DEPORTISTA FEMININO ABSOLUTO
Iria Rodríguez (Triatlón)
3ª Campionato Galego Absoluto de Inverno, en natación 4x100 estilos
12ª na Copa de Europa Triatlón
2ª Copa de Europa Triatlón
1ª Campionato de España por clubs e por relevos
3ª Campionato de España de Acuatlón
47 Campionato do Mundo de Triatlón
1ª Campionato de España Triatlón por relevos

 

Elena Cañibano (Judo)
Subcampiona galega junior
Medalla de bronce Campionato de España junior
Sétima copa de Europa junior
Campiona galega liga por clubs
Subcampiona Copa de España junior
Campiona Copa de España junior
Campiona sector nacional absoluto


Zaida González (Ciclocross)
Gañadora da Copa de Galicia de Ciclocross Subcampiona galega de Ciclocross 8ª Sub23 no Campionato de España de Ciclocross 11ª Sub23 no Ciclocross Internacional Chan de Xaxán 3ª no Campionato Galego de BTT-XCO

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.