Sábado, 04 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Xornal21.es
Martes, 12 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Belén Villar solicita explicacións polo videoclip con consignas independentistas

A voceira e candidata do PP á Alcaldía de Ponteareas xa pediu, esta fin de semana, una explicación ao rexedor, pero estivo en silencio

A voceira e candidata do PP á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, solicitou, esta mañá nunha rolda de prensa, unha comparecencia do alcalde para que explique por que permitiu a gravación dun videoclip con consignas independentistas no salón de plenos do Concello. “Unha decisión do alcalde que nos fixo ser noticia a nivel nacional e non deixaba en moi bo lugar a Ponteareas. Así que pedimos esa comparecencia urxente para que o señor Represas nos dea unha explicación coherente e evite, no futuro, que estes feitos volvan suceder”, afirmou Belén Villar.

 

 

 

 

O PSOE debería retirarlle o apoio ao BNG se este non pide desculpas

 

 

 


Esta fin de semana, Belén Villar pediu unha aclaración ao alcalde, que nunca chegou, “xa que foi el, xunto co seu partido o BNG, e os seus socios do PSOE, os que autorizaron esa gravación. Algo incomprensible, xa que na letra tamén se fai referencia, de forma despectiva, ao presidente do PSOE, Pedro Sánchez, pero, polo que lin, Chus Garrote non ten ningún problema”, asegurou. “En todo caso consideramos que o alcalde non me ten que dar a min una resposta, senón a todos os cidadáns para os que goberna. Por tanto, o PSOE debería retirarlle o apoio ao BNG se este non pide desculpas”.


O Partido Popular considera que o contido da canción non é apropiado para ser transmitido desde una Institución. Consignas contra a Monarquía, o Estado e proclamando a independencia non son as adecuadas para proclamar nun salón de plenos municipal. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.