Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 14 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra financia en Baiona 
o acondicionamento do Camiño dos Eidos

Trátase dun investimento con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019

O deputado de Cooperación, Carlos Font, informou da  aprobación, este xoves pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, dun novo investimento para Baiona con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, serán 128.368,69 euros para financiar o proxecto de acondicionamento do camiño Eidos.

 

Máis polo miúdo, as obras consistirán na rehabilitación do firme e na mellora de diferentes tramos de drenaxe do camiño. Esa nova rede prevista comporase de cunetas, colectores, sumidoiros e reixas que recollerán a auga procedente das precipitacións para conducila a outros caudais. Tamén se acondicionará unha zona de entretemento situada nunha das marxes da vía na que se acometerán melloras nas condicións estéticas da área.

 

Así, haberá un pavimentado de calzada de pedra, a incorporación de xardineiras, a delimitación con pasamáns, o acondicionamento e protección das marxes do regato, así como a incorporación de elementos bio-saudables, dunha fonte, de bancos, de papeleiras e de balizas LED. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.