GALICIA
A Xunta esixirá o cumprimento do calendario de vacinas para acceder ás escolas infantís públicas
Fundaméntase en sentenzas dos Tribunais Superiores de Xustiza de Cataluña e A Rioxa e sinala que Estremadura e Castela e León xa requiren o calendario de vacinación para formalizar a matrícula
A Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia avala que o cumprimento do calendario de vacinación oficial sexa requisito para inscribir a unha nena ou neno nunha escola infantil. A Consellería de Política Social está a estudar a posibilidade de implantar esta condición no acceso ás prazas públicas de atención á infancia de 0 a 3 anos.
Neste informe recálcase que neste asunto é prioritaria a protección da saúde dos menores, tal e como recoñece o artigo 43 da Constitución española e que non se conculca de ningún xeito a liberdade ideolóxica, relixiosa ou de culto das familias, protexida polo artigo 16 da nosa Carta Magna.
Tamén recolle a postura favorable da Comisión Central de Deontoloxía da Organización Médica Colexial e da Rede Galega de Investigación Pediátrica
O escrito avala a esixencia da vacinación para acceder a unha escola infantil baseándose en sentenzas dos Tribunais Superiores de Xustiza de Cataluña e A Rioxa, entre outras. Ademais, pon de manifesto que as comunidades autónomas de Estremadura e Castela e León xa requiren o calendario de vacinación para formalizar a matrícula. A nivel internacional, o informe xurídico cita os exemplos de Francia e Italia, que introduciron esta obriga ao longo dos últimos anos, mentres que os Países Baixos están estudando facelo.
Así mesmo, este informe recolle a postura favorable dos profesionais sanitarios, a través da Comisión Central de Deontoloxía da Organización Médica Colexial e da Rede Galega de Investigación Pediátrica.
O obxectivo da medida é avanzar na concienciación das nais e pais sobre a necesidade de inmunizar ás súas fillas e fillos ante posibles contaxios. Trátase de velar polo ben común dos menores protexéndoos de calquera enfermidade e garantir a inmunidade do grupo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218