Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 14 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Conclue o ciclo “As Mulleres fan Porriño”

Mabel Lozano insta ós homes a ser proactivos contra a prostitucion e a trata

A historia de Miguel, alcumado “El Músico”, un dos vinte propietarios da maioría dos clubs de alterne de España ata a súa detención, condena e arrepentimento, contada no documental “El Proxeneta”, de Mabel Lozano, removeu conciencias entre o numero público asistente anoite a proxección celebrada no Circulo Recreativo e Cultural de Porriño. A visión da película e un posterior coloquio con Mabel Lozano, directora e guionista da cinta, pechou a programación “As Mulleres fan Porriño” en torno ó 8M, Día Internacional da Muller.


Previamente á proxección, Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial que asistiu ó acto tomou a palabra para honrar a Mabel Lozano “polo seu compromiso coas mulleres, en suma co 52% da poboación”. A máxima responsable da institución provincial manifestou como “cargo público que son, opoñome á posible legalización da prostitución, por certo o tercer negocio que máis cartos xenera no mundo detrás do narcotráfico e a venda de armas”, engadiu.


A alcaldesa Eva García, quen actuou como anfitriona neste postreiro acto da campaña “As Mulleres fan Porriño”, suscribiu as palabras da presidenta da Deputación e lembrou o acontecido o pasado venres 8M. Recordou que unha das intervintes no acto institucional ante o Concello, refiriuse a existencia de “puticlubes” no entorno de Porriño. Esa veciña dixo que “alomenos a metade dos homes de Porriño colaboran coa escravitude dos puticlubes”. A alcaldesa sinalou que a afirmación desa veciña “non ten base científica” pero resulta evidente que a presenza deses locais indica que hai demanda”, precisou Eva García quen invitou ós homes a “non apoiar coa sua asistencia a eses locais a cosificación e humillación desas mulleres”.


Nesa mesma liña Mabel Lozano, quen intervinou ó final do visionado da película, aportou un dato oficial do Goberno de España: “estad´siticamente está confirmado que o 40% dos homes, es decir ocho millons e medio de españois, consumen sexo de pago”. Polo que Mabel Lozano apelou ó 60% restante dos homes a “ser proactivos en contra da trata de mulleres e a prostitución”.   

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.