Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 18 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda recibe 3 selos SICTED na III Gala Anual de Turismo Rías Baixas

O pasado martes día 12 de marzo celebrouse na cidade olívica a terceira edición da Gala Anual de Turismo Rías Baixas, evento no que se realiza un recoñecemento ao turismo da provincia coa entrega dos certificados SICTED, o distintivo que premia a excelencia e a profesionalidade de empresas e servizos turísticos.


A este evento acudiron en representación municipal o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Turismo Montserrat Magallanes, onde recolleron os diplomas e carteis do distintivo SICTED para a Oficina de Turismo Municipal da Guarda e as Praias do Muíño e Area Grande.


O Concello da Guarda integra ao destino turístico “Provincia de Pontevedra-Rías Baixas” e leva traballando dende o 2009 na implantación do distintivo SICTED. E dende 2010 a Oficina de Turismo Municipal e as praias de Area Grande e O Muíño conta con este recoñecemento que ven acompañado dun plan de mellora continua e novas medidas dirixidas a incrementar a calidade do servizo, polo que os establecementos e servizos deben continuar traballando en prol do desenvolvemento turístico e a satisfacción dos clientes.


Na actualidade, A Guarda conta con 9 empresas e servizos co distintivo de calidade e compromiso turístico SICTED. Aquelas empresas e servizos que desexen adherirse ao proxecto poderán recibir asesoramento na Oficina de Turismo Municipal do Concello da Guarda.


Sobre o distintivo SICTED
O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SET) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Traballa con empresas e servizos de ata 33 oficios diferentes co obxectivo de mellorar a experiencia e a satisfacción dos e das turistas. Para logralo, o sistema ofrece ás empresas e servizos adheridos un plan de formación, asistencia técnica, obradoiros, grupos de traballo e manuais de boas prácticas.

 

A obtención do distintivo SICTED implica o cumprimento dos requisitos fixados, e da conta do esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que distingue ao establecemento fronte á competencia. O certificado ten validez bienal, aínda que precisa dunha avaliación anual de seguimento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.