Miércoles, 22 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 18 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Reciclajes AVI trasládase ao polígono da Veigadaña

Unha empresa máis elixe o parque empresarial mosense para asentar as súas instalacións

O pasado sábado celebrouse o acto de apertura das novas instalacións da empresa Reciclajes AVI S.L.U. no Parque Empresarial PEMOS Veigadaña ao que asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, e a edil mosense de Urbanismo, Julia Loureiro.


Por parte de Reciclajes AVI estiveron presentes practicamente todos os integrantes da directiva, encabezados por Ángel Vila (xerente). E doutra banda ao acto asistiron entre 250 e 300 persoas entre as cales atopábanse os xerentes de moitas das empresas ás que AVI lles presta servizo, e xerentes e representantes de grandes compañías do ámbito nacional da reciclaxe.


As novas instalacións no polígono da Veigadaña teñen unha superficie total de 8000 metros cadrados e unha superficie construída de 3500 metros cadrados.


O xerente de Reciclaxes AVI declarou sobre esta nova pranta que “o deseño está pensado para a nosa actividade, a xestión de residuos cunha construción dos espazos interiores sen columnas e unha altura de 12 metros, o que nos permite unha gran operatividade e liberdade de movementos nos nosos procesos de produción. No seu interior consta dunha zona destinada a oficinas e vestiarios, composta por 3 plantas. Todo iso equipado ao detalle co últimos equipo de seguridade contra-incendios”.


Vila explicou que “actualmente a nosa empresa esta composta por 23 persoas e dedicámonos á xestión de residuos non perigosos, como pode ser o cartón, plástico, madeira, vidro, … A xestión de residuos que desenvolvemos consiste en que prestamos un servizo a empresa que podemos chegar a todo o territorio autonómico, ás cales lles retiramos todos os residuos non perigoso dos seus procesos de fabricación ou propios de cada actividade. Estes residuos traémolos á nosa planta onde os clasificamos en materiais e calidades diferentes, e preparámolos para o seu posterior envío ás diferentes fábricas onde se reciclarán estes materiais para converterse en novas materias primas”.


A empresa naceu en 1997 coa idea de converterse nun dos máis relevantes almacéns de Galicia. Sobre este obxectivo o xerente informa de que “con esta idea estivemos traballando e a día de hoxe podemos dicir que conseguimos este obxectivo, incluso tendo xa un recoñecemento nacional e presenza internacional na venda dos materiais que producimos no noso proceso de clasificación. Unha vez chegados a esta obxectivo inicial, non queremos parar aquí e a día de hoxe continuamos esta dirección pero non só para crecer e seguir mellorando o noso traballo, senón que tamén queremos que co noso labor causar un impacto social positivo e queremos influír en crear un ambiente ambiental sustentable, por iso a día de hoxe traballamos esforzándonos por un ‘legado azul’”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.