GALICIA
Feijóo destaca a importancia da boa política para facer das institucións un aliado do emprendemento
Asevera que a política crea o sustento institucional, legal e mesmo ambiental para que a liberdade económica se desenvolva e a capacidade de iniciativa non se esgote
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte a importancia da “boa política” para facer das institucións non un laboratorio de experimentos, senón un aliado do emprendemento e xerar emprego e riqueza. “Unha boa política non pode garantir que o emprendedor acerte e o mercado responda ás súas expectativas. Pero o seu cometido si é proporcionar un clima de emprendemento e facer das institucións non un laboratorio de experimentos, senón un aliado cos traballadores”, incidiu.
Durante a conferencia Oportunidades e riscos: O novo contexto económico, Feijóo aseverou que a política crea o sustento institucional, legal e mesmo ambiental para que a liberdade económica se desenvolva e a capacidade de iniciativa non se esgote, facendo fincapé na importancia de actualizar normativas e optimizar sectores produtivos para avanzar cara a un progreso que nos faga máis competitivos, máis eficientes e máis sustentables.
Nesta liña, recordou que ese proceso de mellora permanente require de responsabilidade, xa que as decisións, precisou, deben adoptarse valorando pros e contras, e trazando rutas que acomoden os cambios ás consecuencias dos mesmos.
Incide na importancia do traballo conxunto para adaptar a economía aos novos retos e sostén que ningún territorio é alleo a desaceleración que xa pesa sobre moitos países europeos
Así mesmo, expuxo que a boa política non é aquela que se limita a indicar que hai que facer, senón a que di como se fai, co obxectivo de que un territorio siga crecendo e xerando emprego.
Durante a súa intervención, o presidente da Xunta insistiu tamén na importancia do traballo conxunto para adaptar a economía aos novos retos, como a industria 4.0, e aos novos sectores, como o aeronáutico ou a eólica mariña; e para ver aos investidores como algo necesario que cómpre incentivar. Non en van, sostivo que ningún territorio é alleo a desaceleración que xa pesa sobre moitos países europeos.
Diante disto, aseverou que a mellor maneira de estar preparados é sempre admitir as dificultades que se albiscan no horizonte e compartir esa preocupación cunha sociedade madura e responsable, que quere saber a verdade. “Ningún Estado, comunidade ou cidade prospera sen unha rede de relacións que permitan colaborar, emprender e afrontar grandes retos”, dixo, resaltando que Galicia é un gran tecido social, económico e empresarial, que se reforza entre todos día a día.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218