O PORRIÑO
A mocidade do Porriño sumouse a demanda de medidas que frenen o cambio climatico
Unha chea de rapaces e rapazas, procedentes dos colexios de educación primaria e infantil do concello así como dos Institutos "Pino Manso" e "Ribeira do Louro", reclamaron ós políticos, "sen excepcions, medidas inmediatas para frenar o cambio climático e as súas consecuencias", como sinalaba o comunicado lído polos propios nenos e nenas. Deste xeito, cunha concentración celebrada a mediodía do venres na praza Arquitecto Antonio Palacios, a mocidade de Porriño sumouse hoxe á xornada mundial "Fridays for future" (Venres polo futuro) seguida nun cento de países do mundo. Tan só en España, celebraonse concentracions coma a de Porriño, en sesenta cidades ó mesmo tempo que se secundaba unha folga estudiantil.
Alumnos e alumnas dos colexios e dos institutos porriñeses deron lectura ó manifesto que acusa ós adultos de non ter feito dabondo para deter o cambio climático que os nenos de hoxe padecerán como maiores no inminente futuro. O remate da lectura do manifesto, a alcaldesa Eva García tomou a palabra brevemente "simplemente para agradervos que coas vosas movilizacions e palabras golpeedes as nosas conciencias, as de todos cantos temos responsabilidades públicas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217