Viernes, 20 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

Aprobadas as candidaturas socialistas para as municipais

O secretario xeral provincial, David Regades destacou a alta porcentaxe de renovación nunhas listas amplamente paritarias e consensuadas mediante o diálogo

A Comisión Executiva Provincial aprobou onte na súa xuntanza en Pontevedra o 100% das candidaturas socialistas para os vindeiros comicios municipais nos concellos de máis de 20 mil habitantes e o 95% naqueles muncipios de menos de 20 mil habitantes. Unhas listas que, segundo destacou o secretario xeral provincial, David Regades, “destacan pola importante incorporación de mulleres nos postos de saída e por un alta porcentaxe de renovación nunhas candidaturas paritarias”.

 

O máximo dirixente provincial sinalou que das candidaturas aprobadas ata o  momento, 25 están encabezadas por mulleres, o 44% delas. Se a este dato lle engadimos que a porcentaxe de mulleres é aínda maior, un 63%, nas candidaturas que se presentan a estes comicios por vez primera, “é evidente que as e os socialistas poñemos en práctica as políticas de paridade nas que cremos”, sinalou Regades, quen destacou a necesidade de que cada vez un maior número de mulleres ocupen postos de responsabilidade, “somos conscientes do papel relevante que están chamadas a asumir as mulleres na sociedade actual”, afirmou.

 

O Comisión Executiva celebrada esta mañá serviu así para anunciar oficialmente 56 candidaturas en total, a maioría de carácter paritario e moitas delas cremallera.  22 delas están encabezadas por 14 candidatas e 8 candidatos que se presentan por vez primeira a uns comicións electorais, o que supón  case un 40% de porcentaxe de renovación nas candidaturas presentadas.

 

Candidaturas de consenso

Regades valorou positivamente o traballo feito por parte de todas as agrupacións para confeccionar unhas listas fortes e cercanas á cidadanía e loubou o traballo feito polo partido nun proceso “exemplar” no que primaron “o diálogo e o consenso”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.