Sábado, 04 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 13 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Xosé Represas aclara que os locais públicos son dos cidadáns

O alcalde lamenta “a deriva demencial do PP e determinados medios de comunicación que criminalizan calquera opinión que sexa crítica coa constitución española.O alcalde lamenta “a deriva demencial do PP e determinados medios de comunicación que criminalizan calquera opinión que sexa crítica coa constitución española.

O alcalde de Pontearas Xosé Represas considera que a polémica creada co uso do salón de plenos para a gravación dun videoclip dun grupo musical demostra “a alerxia que o PP ten á liberdade de expresión e aos dereitos fundamentais”.

 

Represas amosouse contundente engadindo que “mentres sexa alcalde os locais públicos estarán a disposición da cidadanía para expresarse libremente e nunca exerceremos a censura previa para deixar ou denegar eses locais en función do que se vaia dicir neles”.

 

“En Ponteareas os locais están abertos para que se expresen os unionistas, os independentistas, os federalistas, os republicanos ou os monárquicos. É o normal nunha democracia aínda que o PP como herdeiro do franquismo non o alcance a comprender” sinalou Represas.

 

O alcalde conclúe lamentando “a deriva demencial do PP e determinados medios de comunicación que criminalizan calquera opinión que sexa crítica coa constitución española. Defender a república fronte a monarquía ou a independencia fronte ao estado unitario está amparado pola liberdade de expresión e non é un delicto. Deixar un local público para quen quere expresalo é unha obriga de calquera demócrata, estea ou non dacordo con eses plantexamentos políticos. E deixar un local público no quere dicir que o goberno local comparta o que nese acto ou actividade se vaia expresar”.

 

Por último Represas considera “incomprensíbel que o PP diga que os locais públicos non se poden utilizar para actos partidistas cando todos os partidos en Ponteareas empregan locais municipais para os seus actos políticos”. O Alcalde pedíu á veciñanza que tome nota e evite unha volta ao pasado. “Co PP de novo no goberno xa sabemos o que nos espera: os locais públicos só poderán usalos os que pensen coma eles” concluíu o alcalde.

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.