Viernes, 24 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 24 de Abril de 2026 a las 20:13:07 horas

Xornal21.es
Viernes, 22 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

A Deputación aproba catro achegas para Tui por un valor de 180.000 euros

Con estes novos investimentos a vila poderá levar a cabo varias actuacións entre as que destacan as obras de mantemento e conservación no Centro Municipal de Remo

A Deputación de Pontevedra aprobou por resolución presidencial catro novas achegas para o concello de Tui ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos. Concretamente a institución provincial pon a disposición da vila do Baixo Miño un total de 180.226,11 euros.

 

Máis polo miúdo, Tui recibirá 57.477,85 euros para obras de mantemento, conservación e reparación de deficiencias no Centro Municipal de Remo; 35.541,56 euros para dotar de cuberta ao cemiterio municipal de Guillarei; 48.127,18 euros para a renovación e dixitalización de equipos na radio municipal, e 39.079,52 euros para a renovación do parque infantil da Gándara, en Guilarei.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.