GALICIA
A Xunta chama ao goberno central a solucionar o abastecemento de auga en Vigo
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, emprazou ao Ministerio para a Transición Ecolóxica a desbloquear o convenio de colaboración coa Xunta e o Concello de Vigo para acadar, canto antes, “unha solución acordada e conxunta” que garanta o abastecemento de auga á cidade olívica e a toda a súa contorna.
O Goberno galego, o Concello de Vigo e o Ministerio para a Transición Ecolóxica acordaron o pasado mes de outubro asinar un convenio de colaboración para realizar conxuntamente un estudo de alternativas sen apriorismos para dar solución definitiva aos problemas estruturais do sistema de abastecemento da área sur da provincia de Pontevedra.
A conselleira informou de que actualmente a Xunta está á espera de que o Ministerio traslade coa maior axilidade a súa conformidade coa proposta de convenio, tendo en conta que se trata dun asunto importante que debe abordarse canto antes.
Ethel Vázquez fixo estas declaracións en Vigo, antes de participar nun encontro promovido polo Foro de Enerxía e Medio Ambiente do Círculo de Empresarios de Galicia, no que presentou a conferencia da directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez. No acto tamén estivo presente o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.
A conselleira salientou os importantes avances rexistrados en Galicia nos últimos anos en materia de saneamento e depuración de augas, algo do que sinalou como exemplo a nova depuradora da ría de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11