PROVINCIA
‘Retrato dun médico' do Greco xa pode visitarse no Museo de Pontevedra
"A cultura e a arte son do pobo, das persoas, e esta idea de que a arte viaxe fóra do Museo democratiza ao Museo do Prado" asegurou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, no acto de apertura da mostra ‘De xira por España’ no Museo de Pontevedra. Tanto a presidenta como o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, como a conservadora, Ángeles Tilve, coincidiron en agradecerlle ao Museo do Prado, e nomeadamente ao seu director, Miguel Falomir, que o Museo de Pontevedra sexa a sede escollida en Galicia para acoller a efeméride do bicentenario do Prado. Hai que lembrar, que baixo o epígrafe ‘De xira por España', o Museo estatal está a expoñer obra relevante das súas coleccións en diferentes museos do Estado español, un por cada comunidade autónoma.
No caso do Museo de Pontevedra a obra cedida é ‘Retrato dun médico’ do Greco. "A colaboración entre institucións é fundamental, e o Museo de Pontevedra séguese consolidando no Estado ao ser escollido para formar parte desta xira" afirmou Xosé Leal na súa intervención de benvida, ao tempo que indicaba que "somos un Museo de referencia non só polos fondos que temos senón tamén polo bo traballo do persoal técnico desta institución". O deputado nacionalista foi o encargado de acompañar ao director do Museo do Prado na súa primeira visita oficial ao Museo de Pontevedra, que realizou a primeira hora da mañá, xusto antes do acto de apertura da mostra. Pola súa banda a presidenta da Deputación fixo especial fincapé no "orgullosísimas que estamos de que esta obra vaia estar aquí ata o 21 de abril" porque, en palabras da presidenta "este Museo se merece formar parte desta xira por España porque é un gran referente". Carmela Silva asegurou que "durante moito tempo dixéronnos que eramos a periferia pero somos o centro dunha historia de séculos e este Museo merece ser considerado o Museo Nacional de Galicia porque alberga obras que falan da nosa historia como galegos e como galegas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11