Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 13:39:28 horas

Xornal21.es
Jueves, 21 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOTOR

Un pneumático para MTB eléctricas

No curso do desenvolvemento da innovadora gama de pneumáticos MICHELIN E-Wild, os enxeñeiros do Centro de Investigación e Desenvolvemento de Michelin inspiráronse nos pneumáticos de descenso e Enduro para bicicleta de montaña da marca.


Posto que o pneumático traseiro debe estar preparado para absorber máis impactos, o pneumático MICHELIN E- Wild traseiro é máis resistente que o dianteiro. A cuberta deriva neste caso da utilizada para os prototipos de carreiras de descenso, co obxectivo de maximizar a resistencia e a tracción, grazas á súa capacidade para rodar con baixas presións.


Doutra banda, o pneumático dianteiro está baseado nas cubertas de  enduro, para combinar a robustez necesaria cun excelente agarre cando os riders pilotan as súas bicicletas costa abaixo.


Xuntos, os pneumáticos MICHELIN E- Wild dianteiro e traseiro contribúen a minimizar a cantidade de enerxía necesaria para rodar, mellorando a eficiencia e reducindo así a demandas da batería, o que permite unha maior autonomía con cada carga. O deseño das cubertas tamén optimiza o peso dos novos pneumáticos para bicicletas de montaña eléctricas, que a igualdade de dimensións é equivalente ao dos pneumáticos convencionais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.