Viernes, 24 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 24 de Abril de 2026 a las 13:42:48 horas

Xornal21.es
Lunes, 25 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

A Deputación aproba dúas novas achegas para Tui por preto de 165.000 euros

Con estes investimentos do Plan Concellos 2019, a vila poderá acometer a mellora do parque de Areas e a reforma da rede de saneamento nun edificio de vivendas en Caldelas

A Deputación de Pontevedra aprobaba o pasado venres en Xunta de Goberno dous novos investimentos por un valor de 164.707,44 euros para Tui con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 94.759,04 euros para a reforma da rede de saneamento e melloras na drenaxe e ventilación da cámara na planta baixa dun edificio de vivendas en Caldelas, e outros 69.948,40 euros para financiar o acondicionamento do parque de Areas.

 

Máis polo miúdo, no edificio de vivendas de Caldelas proponse a execución dunha nova rede de saneamento comunitaria, tanto horizontal como vertical; a instalación dunha nova rede de pluviais; e a mellora de drenaxe e ventilación do espazo baixo forxado. Estas obras son precisas para emendar os danos producidos no edificio, relativos a humidades, atascos no sistema de saneamento e outras patoloxías.

 

Por outra banda tamén se van a realizar actuacións de mellora para a adecuación e acondicionamento do parque de Areas. Máis polo miúdo, o que se pretende é crear un lugar de sombra e estancia, mediante a disposición dunha gran xardineira delimitada por un banco corrido de pedra ao longo do muro de peche da parcela, con distintas orientacións, creando un espazo irregular.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.