GALICIA
A Xunta oferta financiamento para a posta en marcha e consolidación de 800 proxectos de empresas
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou esta semana, na rolda de prensa do Consello, que o Goberno autonómico vén de activar o Plan de financiamento empresarial de Galicia para 2019 co obxectivo de que ningún proxecto viable se quede sen desenvolver por falta de financiamento. Especialmente no caso das pequenas e medianas empresas de carácter industrial, engadiu.
A través deste plan, que contará cun orzamento de 100M€, facilitarase financiamento para 800 proxectos de emprendedores, microempresas e pemes. Ademais, dixo, prevese mobilizar o montante de preto de 300M€ a través de instrumentos financeiros que contribúen á creación de empresas, crecemento das pemes da industria e tamén ao apoio ás actividades de innovación.
Di que incorpora varias novidades como o novo programa de préstamos para proxectos estratéxicos destinados a iniciativas de entre 1,5 e 10M€ ou a incorporación dunha liña destinada ao turismo, IFI Tur
O presidente da Xunta sinalou que esta iniciativa será impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e XesGalicia coa colaboración doutras entidades como: o Banco Europeo de Investimentos (BEI), o Instituto de Crédito Oficial(ICO), as sociedades de garantía recíproca Afigal e Sogarpo e a Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (CESCE).
Sobre este punto, Feijóo pasou a detallar algunha das principais novidades deste plan que se puxo en marcha por primeira vez no ano 2014. Entre elas atópase o novo programa de préstamos para o financiamento de proxectos estratéxicos destinado a iniciativas de entre 1,5 e 10M€, cunha dotación de 16,5M€.
Tamén a incorporación dunha liña destinada ao turismo, IFI Tur, e dunha liña de avais que para esta convocatoria terá unha ampliación do límite da operación financeira, dos 500.000€ ata 1M€.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11