PROVINCIA
A Deputación financia en Gondomar a mellora do Parque das Ánimas
Trátase dun investimento con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019 de preto de 150.000€
A Deputación de Pontevedra aprobou este pasado venres en Xunta de Goberno dous novos investimentos para Gondomar con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, 63.715,58 euros para o acondicionamento do Parque das Ánimas e outros 84.920,05 euros para a creación dun parque lúdico e canino na Avenida Curros Enríquez.
Máis polo miúdo, no caso do Parque das Ánimas mellorarase a zona infantil cun novo conxunto de xogos para crianzas. En canto á segunda actuación, crearase un espazo verde lúdico, con actividade de merendeiros, circuíto biosaudable e parque canino. Para iso, crearanse camiños que crucen a parcela e tamén se fará unha intervención nas redes de saneamento e abastecemento, así como a substitución daquelas acometidas que se atopen en mal estado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149