GALICIA
Medio Ambiente reforzará este semestre a Rede de Observación de Meteogalicia
MeteoGalicia reforzará e modernizará ao longo do primeiro semestre de 2019 a súa actual Rede de Observación Meteorolóxica, integrada a día de hoxe por 156 estacións repartidas por toda a comunidade. Así o anunciou durante unha visita á sede deste organismo a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen explicou que o seu departamento mobilizará unha partida de 440.000 euros para instalar nos próximos meses 12 novas estacións e 21 pantallas de información meteorolóxica e de calidade do aire en distintos puntos de Galicia.
Grazas a estes investimentos, como subliñou a conselleira, o departamento de información meteorolóxica da Xunta contará con novos medios e mellorará a precisión e a calidade do servizo que vén prestando desde a súa posta en marcha no ano 2000. Así, Vázquez Mejuto eloxiou o labor que realiza este organismo, como referente indispensable na comunidade e fora dela tanto a nivel científico como para a cidadanía en xeral.
Neste sentido, a responsable galega de Medio Ambiente referiuse a algunhas das funcións desenvolvidas polos técnicos de MeteoGalicia, máis alá dos seus labores de observación e predición diarios. Deste xeito, recordou que o ano pasado elaboraron unha ordenanza tipo de protección contra a contaminación acústica co obxectivo de unificar criterios e servir de guía para os concellos que, no exercicio das súas competencias, promovan a súa propia normativa na materia.
Avanza que nos próximos meses instalaranse 12 novas estacións e 21 pantallas informativas en distintos municipios e que o departamento autonómico traballa tamén nun Plan de Mellora da Calidade do Aire na comunidade
Así mesmo, tamén se referiu ao traballo que se fai grazas ao radar meteorolóxico de Cuntis, cunha tecnoloxía que permite detectar os tipos de meteoros e facer seguimento dos sistemas de precipitación; á xestión das 48 estacións fixas que compoñen a Rede de Calidade do Aire, a primeira deste tipo recoñecida en España cun certificado de calidade polas súas actividades; e ao futuro Plan de Mellora da Calidade do Aire de Galicia no que traballa xa este organismo para establecer unhas directrices estratéxicas que melloren aínda máis os parámetros actuais -que xa son bos e están por debaixo dos límites legais- co fin de achegarse aos obxectivos establecidos pola Organización Mundial da Saúde.
Balance visitas
A visita da conselleira a MeteoGalicia coincidiu coa xornada de portas abertas que todos os anos se organiza na sede central deste organismo para conmemorar o Día Meteorolóxico Mundial, que se celebra oficialmente mañá, 23 de marzo, baixo o lema O sol, a terra e o clima. Precisamente, Ángeles Vázquez aproveitou o encontro para saudar a un grupo de estudantes de Xeografía e de Historia da Universidade de Santiago que participaban nunha visita guiada polas instalacións, no marco do programa de actividades que se desenvolven en MeteoGalicia ao longo de todo o ano.
Así, en 2018 un total de 3.200 persoas participaron nalgunha das visitas e eventos formativos organizados na sede do organismo autonómico co fin de achegar o mundo da meteoroloxía á cidadanía en xeral e ás novas xeracións en particular. No marco desta labor de concienciación ambiental, tal e como sinalou a conselleira, durante o curso pasado 8.003 alumnos de 39 colexios tamén participaron no programa Meteoescolas, un proxecto impulsado en colaboración coa Consellería de Educación para apoiar a didáctica e a observación meteorolóxicas.
Previsións para a primavera
En canto ás expectativas de cara á primavera que acaba de comezar, os modelos que manexa MeteoGalicia apuntan en xeral a unha estación cálida e seca. Así, a previsión é que as temperaturas cálidas dos últimos días se manteñan ata finais do mes de marzo. En todo caso, cómpre subliñar que estamos ante a estación máis cambiante do ano e polo tanto, é aconsellable facer un prognóstico semana a semana en lugar de predicións a longo prazo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11