Jueves, 19 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 24 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PSdeG de Pontevedra presenta unhas listas ás Cortes Xerais paritarias nas que "se conxuga xuventude e experiencia"

O secretario xeral provincial, David Regades, asegurou que estas persoas serán as que traballen “cóbado con cóbado” con Pedro Sánchez representado á provincia

As e os socialistas de Pontevedra presentaron esta semana ante a cidadanía e ante a Xunta Electoral Provincial as súas candidaturas ao Congreso e ao Senado para as eleccións do próximo 28 de abril. Unha proposta na que o 48% dos candidatos son mulleres. “Presentamos unhas listas que conxugan xuventude e experiencia”, asegurou Regades en Vigo.


“Estas listas son o resultado dun proceso de diálogo e consenso”, afirmou o secretario xeral, “tal e como demostra que foran aprobadas por unanimidade no comité provincial celebrado a principios deste mes”. Regades mostrouse confiando ante as próximas citas coas urnas, mostrándose seguro de que con esta candidatura “acadaremos os nosos obxectivos: os tres senadores e volver a ter tres deputados no Congreso para afianzar a vitoria do PSOE e as políticas de Pedro Sánchez, que son a saída que este país precisa”.


A presentación desta mañá contou coa presenza dos integrantes de ambas candidaturas: 5 homes e 5 mulleres na lista do Congreso, encabezado por unha muller, Olga Alonso, e 5 homes e 4 mulleres para o Senado nunha candidatura á fronte da que se sitúa Modesto Pose.


En total son 9 mulleres e 10 homes entre titulares e suplentes, que reflicten a diversidade da cidadanía e do territorio. David Regades, secretario xeral provincial, defendeu o papel que estas mulleres e homes van a realizar nas Cortes Xerais, “cóbado con cóbado co goberno de Pedro Sánchez” para defender “os intereses da provincia de Pontevedra”.


Regades tamén destacou que as candidaturas socialistas ás Cortes Xerais están integradas por persoas cunha basta experiencia no mundo local como son Olga Alonso, Jorge María ou Iolanda Pérez e outras que acumulan unha ampla experiencia nas Cortes Xerais como son Modesto Pose, Guillermo Meijón ou Ángeles Marra.  Xunta a elas intégranse outras que compoñen por primeira vez unha lista de carácter estatal como é o caso de Sara Juncal, Olga Rodríguez ou Jorge María, que se complementan con referentes do partido como Margarita Adrio ou Daniel Chenlo.


Pontevedra estará representada con tres persoas
Tanto as listas ao Congreso como ao Senado contan con representación da cidade de Pontevedra. Guillermo Meijón será o número dous nas listas á Cámara Baixa, na que xa estivo como deputado durante as tres últimas lexislaturas. “É para min unha honra que as compañeiras e compañeiros confíen de novo en min para ser o seu representante no Congreso”, afirmou Meijón, quen se comprometeu “a defender a educación pública, a loitar contra a desigualdade e a defender aquelas cuestións que afectan á nosa provincia, como teño feito ata o de agora”.


Margarita Adrio, pola súa parte, será a segunda da lista ao Senado. Adrio, avogada e histórica militante socialista de Pontevedra, provén dunha coñecida familia da Boa Vila que sufriu a represión durante o franquismo. “Garantir a xustiza social é unha das prioridades que me marco para esta nova aventura, na liña co traballo que estou a desenvolver como profesional do dereito”, defende Adrio.


Completa a representación da capital provincial José Antonio García Lores como primeiro suplente ao Congreso, tamén militante do partido en Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.