MOS
López-Chaves anima ao alumnado do Obradoiro a formarse para favorecer a súa inserción laboral
O representante autonómico clausurou no municipio pontevedrés o taller de emprego no que se formaron 16 mozos e mozas nas ramas de carpintería e deseño web
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse onte ata o municipio pontevedrés de Mos para felicitar ao alumnado que vén de rematar a súa formación no Mos coa Mocidade, o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello mosense.
No acto de clausura, o representante autonómico animou aos 16 menores de 30 anos que nos últimos seis meses recibiron formación nas ramas de carpintería e deseño web, a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brindou” e a seguir mellorando a súa cualificación para acceder a un posto de traballo.
Emprazou ao alumnado a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brindou” e a seguir mellorando a súa capacitación para acceder a un posto de traballo
Tras resaltar o obxectivo do Goberno galego de reforzar os programas que favorezan o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral, dirixiuse á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para pór en valor a importancia da colaboración entre as administracións públicas na procura de emprego de calidade, formación, capacitación e orientación laboral.
López-Chaves reafirmou así o compromiso da Xunta cunha formación adaptada aos novos perfís profesionais e ás demandas reais e actuais do tecido empresarial e, respecto a xuventude, comprometeuse a seguir impulsando o emprego entre a mocidade, “un colectivo prioritario para a Administración autonómica”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116