O PORRIÑO
Presentación do libro “Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia”
Hoxe xoves 28 presentase o libro "Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia” que recopila bocetos, debuxos, apuntes e pinturas dos que unha parte se exhibe na exposición que alberga o Centro Cultural Municipal dende febreiro.
Esa mostra descubriu a moitos porriñeses e visitantes que ademáis dun acreditado arquitecto, o noso paisano Antonio Palacios agochaba outras aficions artísticas descoñecidas. Grazas á iniciativa do Concello de Porriño coa antedita exposición e a edición do libro que vai presentarse, a veciñanza tivo a oportunidade de coñecer esas outras habilidades de Antonio Palacios.
De feito a mostra "Debuxos e pinturas do arquitecto Antonio Palacios" supon un legado inédito e importante que confirma a faceta de pintor de Palacios non só de elementos arquitectónicos, propios da súa profesión, senon de figuras humanas e animais así como de escenas costumbristas.
Dentro da reivindicación da figura de Palacios tamén hai que lembrar a recente presentación da obra "Arquitectura rexionalista galega. Antonio Palacios, Gómez Román e outros", producto de José Ramón Iglesias quen fixo un resumo en 300 páxinas da súa propia tése para editar como libro. Iglesias destaca "a importancia extraordinaria" do material recuperado polo Concello de Porriño, unha duzia de libretas, perante unha xestión coa familia de Palacios e “a súa aposta para que sexa difundido entre todala veciñanza”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217