NIGRÁN
Plantan 140 árbores na zona verde municipal de Porto do Molle
O Concello de Nigrán colaborou nesta iniciativa do Rotary Club de Vigo de loita contra o cambio climático
Alumnos do CPI Arquitecto Palacios de Panxón e do Centro de Educación Especial Juan María participaron esta semana na iniciativa do Rotary Club de Vigo a través do Concello de Nigrán para repoboar a única zona verde municipal do parque empresarial Porto do Molle sen árbores. Así, a empresa Darlim donou 140 exemplares de castiñeiros, carballos, bidueiros e freixos; Ecocelta proporcionou o abono e as bodegas As Laxas a maquinaria para preparar o terreo. O obxectivo desta plantación de preto de 2 hectáreas é crear unha zona de refuxio da fauna que dé continuidade ao bosque de ribeira do Río Muíños, tal e como explicou o enxeñeiro forestal Javier Santiago e o arquitecto e presidente do Rotary Club Ángel Santorio, responsables do proxecto de rexeneración das marxes deste río no que o Concello investiu 510.000 euros e que se está a levar a cabo.
"Consideramos que é unha iniciativa moi boa para Nigrán e en concreto para esta contorna de Porto do Molle, xa que se engadirá zona verde", sinalou o alcalde, Juan González, quen asistíu á plantación xunto aos representantes das comunidades de montes de Camos e Parada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217