REDONDELA
A Xunta autoriza a transferencia a prol do Concello de Redondela dun tramo da Amoedo e Os Valos
A Administración local solicita ao organismo provincial o cambio de titularidade do tramo que se corresponde coa estrada Nespereira e que está integrada con carácter de rúa no municipio pontevedrés
O Consello da Xunta autorizou onte a transferencia a prol do Concello de Redondela dun treito antigo da estrada provincial EP-2702, entre Amoedo e Os Valos, desde o punto quilométrico 7+950 á estrada N-550.
O Concello pontevedrés solicitou á Deputación provincial o cambio de titularidade deste treito do viario, que se coñece como estrada Nespereira e que está integrada con carácter de rúa no municipio. Previamente, o organismo provincial acometeu o acondicionamento e mellora da seguridade viaria na intersección no treito Amoedo-Os Valos con acceso á Igrexa de Nespereira.
O organismo provincial de Pontevedra considerou axeitada a transferencia a prol do Concello de Redondela, polo que emite informe favorable e solicita o cambio de titularidade do citado tramo provincial á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
Os cambios de titularidade tramítanse conforme a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto do Goberno galego por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
A transferencia a prol do Concello de Redondela deste treito provincial tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que deberá ser aprobado por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as Administracións implicadas.
Co cambio de titularidade aprobado hoxe polo Executivo autonómico, o Concello de Redondela terá a competencia para actuar en ambas as vías e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
O decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91