Sábado, 04 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Xornal21.es
Domingo, 31 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP presenta a lista dos primerios once candidatos e candidatas ás municipais

Logo da presentación de Juan Carlos González Carrera como candidato á alcaldía de Ponteareas por ACiP, é momento tamén de coñecer o resto da lista de once primeiros aspirantes deste partido que chega ás eleccións municipais de 2019 máis preparado ca nunca para asumir o liderado no goberno da vila.

 

Alén de González Carrera, a listaxe inclúe, por esta orden, a Raquel Bautista, Jose Luis Rodríguez, Pablo Araujo, Ana Lorenzo, Manuel Gregores, José Luis Núñez, Montserrat González, José Fernández, Raquel Cabaleiro e Marcos Misa. Mestúrase así a veteranía e experiencia dalgúns membros que repiten, coa xuventude e inquedanzas das novas incorporacións que, de calquera xeito, cremos que aportan coñecementos dabondo para asumir os cargos para os que se postulan.

 

Para González Carrera “estamos ante un equipo que busca, ante todo, dar solucións aos problemas de todos os ponteareáns, dende os máis cativos ata os nosos maiores; os grandes esquecidos no actual goberno municipal da vila”.

 

Segundo o candidato á alcaldía por ACiP, “o obxectivo principal do noso partido é o de devolver a Ponteareas ao lugar de referencia que sempre ocupou. Por moitos motivos, historicamente a vila sempre foi estandarte na comarca, e temos que devolvela a ese lugar de liderado. E para iso queremos aplicar unha serie de medidas e políticas que fomenten o crecemento real do concello”.

 

ACiP chega as eleccións municipais de 2019 "co convencemento de que se poden cambiar as cousas, de que existe un xeito moito mellor de facer política para todos, e non só para uns poucos, como acontecía ata o de agora”.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.