GALICIA
Feijóo destaca a aposta da industria galego pola innovación, formación e internacionalización
Refírese a Marine Instrument como un dos mellores exemplos cos que constatar como a aplicación da I+D+i facilita a modernización de calquera sector económico como o marítimo-pesqueiro
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta semana a aposta do tecido industrial galego pola innovación, formación e internacionalización como elementos clave para que Galicia siga crecendo.
Nesta liña, e durante unha visita ás instalacións de Marine Instruments, dedicada ao deseño e fabricación de compoñentes e sistemas electrónicos para o sector pesqueiro, Feijóo referiuse a esta compañía como un dos mellores exemplos empresariais cos que constatar como a aplicación da I+D+i facilita a modernización de calquera sector económico como o marítimo-pesqueiro: o cuarto con maior peso na economía galega, que xera un volume de ingresos de case 9.000 millóns de euros e que dá emprego a máis de 36.000 persoas.
O responsable do Executivo autonómico lembrou que coa aplicación de novas ferramentas tecnolóxicas, este sector se moderniza e pode avanzar en ámbitos como a seguridade a bordo ou a pesca sustentable. Non en van, en menos dunha década, Marine Instruments posicionouse como o primeiro fabricante de boias satelitarias de atún a nivel mundial; e traballa en proxectos como o deseño de tecnoloxías de monitorización de pesca, deseñando cámaras de alta resolución para as operacións de pesca a bordo, ou a fabricación de vehículos non tripulados tamén para a actividade pesqueira.
Incide en que contar cun equipo de profesionais cualificados é a mellor garantía para que unha empresa poida competir na liga da Industria 4.0
Así mesmo, salientou que Marine Instruments é unha das empresas que colabora con Indra no polo aeroespacial de Galicia, en Rozas. E, tomando como punto de partida os seus amplos coñecementos tecnolóxicos e do mundo mariño, aposta tamén pola diversificación, trasladando a súa experiencia a outros sectores e clientes fóra do ámbito pesqueiro.
Ao longo da visita, Feijóo resaltou que esta empresa ten no capital humano o seu principal activo, cun equipo de profesionais composto nun 40% por enxeñeiros que traballan no departamento de I+D+i e que ten moito que ver para que esta empresa creza a unha taxa anual do 30%, con presenza xa en máis de 25 países. “A innovación está no seu ADN. Estamos a falar dunha desas empresas que poderíamos encaixar nesa nova cultura empresarial que promove e premia o talento”, afirmou, incidindo en que contar cun equipo de profesionais cualificados é a mellor garantía para que unha empresa poida competir na liga da Industria 4.0.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11