SALCEDA DE CASELAS
Salceda rexeita a bonificación de Sogama para rebaixar un 10% o recibo de lixo
Segundo o PP "o rexedor enviou unha carta a Sogama pedindo non acollerse a esta diminución da taxa a pesar de sumarse inicialmente a esta posibilidade dentro do prazo establecido"
O PP de Salceda de Caselas ven de informar os veciños de que "non poderán beneficiarse da rebaixa do 10% no recibo da recollida de Sogama porque o Alcalde, Marcos Besada, pediu a Sogama quedar fóra desta redución ofrecida pola empresa pública a pesar de haberllo solicitado previamente en forma e prazo". Na misiva, Besada expresa o seu rexeitamento este aforro directo para 4.551 pagadores do municipio sen argumentar “razón algunha” para este “paso atrás” en “prexuízo dos veciños".
A empresa de tratamento de residuos sólidos urbanos, Sogama, daba a oportunidade a todos os concellos adheridos o seu modelo de tratamento, o 77% dos municipios de Galicia, de solicitar esta quita do 10% no canon do lixo, o que supoñería para os salcedenses poder aforrarse 30.000€/ano. Nun principio, o concello de Salceda así o solicitou en prazo pero uns días depois, Besada “parece que se arrepentiu” e pediu a Sogama a nulidade desta “vantaxosa” axuda para os veciños. “Resulta algo inexplicable e posiblemente inaudito que un Alcalde negue o aforro dos seus veciños para pesar ter a posibilidade fácil e directa de facelo”, critica Santiago Rodríguez Davila, candidato do PP á Alcaldía de Salceda.
Esta rebaixa permitiría aos veciños de Salceda aforrarse case 30.000 euros o ano de forma directa
Desde o PP “esiximos unha explicación ante esta decisión tan incoherente e prexudicial para todos os veciños” por considerala un “ataque ao peto das familias que loitan por chegar a final de mes” mentres que “o Sr. Besada si se beneficia desta rebaixa porque vive noutro concello, concretamente no de Mos que si se acolleu a esta redución”.
O trámite para seguir para conseguir a redución directa do 10% aos veciñosera sinxelo, simplemente enviando un escrito a Sogama solicitando a aplicación da bonificación e o compromiso do Concello de adoptar medidas orientadas á redución da produción de residuos durante 2019 e o incremento da reciclaxe. “O Alcalde nin sequera tiña que preocuparse polo sistema de reciclaxe do pasado, bastaba con manter as cifras e tentar reducilas na medida do posible, por iso parécenos incrible e inxustificable a decisión tomada polo Sr. Besada”, conclúe Davil

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217