GALICIA
A Xunta aborda cos xuíces a evolución do Plan Senda para a dixitalización da xustiza
O vicepresidente da Xunta e a directora da Amtega mantiveron unha xuntanza de traballo co presidente do TSXG, presidentes das Audiencias provinciais e os xuíces decanos
A Cidade da Cultura acolleu esta semana unha das xuntanzas de traballo de seguimento do Plan Senda 2020 para a modernización da Xustiza en Galicia. No encontro participaron o vicepresidente e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica en Galicia (Amtega), Mar Pereira; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, así como os presidentes das Audiencias provinciais e os xuíces decanos.
Na xornada abordouse o nivel de desenvolvemento do Expediente Xudicial Electrónico, que en Galicia ten todas as súas pezas en funcionamento así como o uso que os profesionais fan diferentes sistemas e aplicacións que se están a implantar no marco do Plan. A sinatura dixital, o visor do Expediente Xudicial Electrónico, o inicio das demandas online foron algúns dos temas tratados.
Sinatura dixital
A extensión da sinatura dixital e a súa integración con Minerva son parte das medidas para a implantación do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia. En 2018 asináronse dixitalmente preto de 900.000 documentos nos xulgados galegos, unha cifra cinco veces superior á rexistrada o ano anterior
O incremento do uso da sinatura dixital está directamente relacionado co aumento de órganos xudiciais habilitados con esta funcionalidade, que pasaron de 2 a principios de 2017 a 136 ao remate de 2018. Ademais, a integración da sinatura dixital co sistema de xestión procesual Minerva que empregan xuíces, letrados, funcionario e con Fortuny o sistema dos fiscais facilita un maior uso da firma electrónica.
Visor
Xunto coa extensión da sinatura dixital outra das medidas do Plan Senda foi posta á disposición de maxistrados, letrados, fiscais e funcionarios a consulta online de calquera expediente xudicial a través do Visor, unha solución única e multidispositivo, que está implantada xa desde 2018 na totalidade dos órganos xudiciais galegos. O ano pasado o visor rexistrou 43.000 visitas, un 34% máis que en 2017.
Repositorio unificado
Os expedientes en formato electrónico albérganse no repositiorio unificado xudicial, a pedra angular é da que se serven as novas aplicacións e servizos dixitais (o visor, a sede electrónica, o portal de xustiza...). Centraliza en único punto toda a información xudicial, datos e documentos que se xera diariamente na tramitación de calquera procedemento en calquera órgano xudicial.
Este repositorio integra máis de 32 millóns de documentos, o dobre que en 2017. Cada día rexistra 40.000 novos documentos e outros 50.000 modificados.
Demandas online
Nos últimos cinco meses de 2018 os galegos presentaron a través da sede xudicial electrónica un total de 270 procedementos monitorios, unha fórmula xudicial para reclamar impagos, que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador.
A presentación telemática de procedementos monitorios comezou a implantarse o pasado ano nos órganos xudiciais de Vigo e A Coruña e, actualmente, xa está habilitada en todos os partidos xudiciais para os procedementos monitorios das xurisdicións civil ou social.
A través de https://sede.xustiza.gal os cidadáns tamén poden facer un seguimento do procedemento e consultar os expedientes xudiciais dos que son parte través do espazo “a miña carpeta”, que durante 2018 rexistrou máis de 11.000 accesos.
Na sede tamén se pode comprobar a autenticidade e integridade de documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza en Galicia, e dar de alta un aproderamento de xeito electrónico rexistrar un apoderamento apud acta O obxectivo é que a sede se consolide como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos do ámbito xudicial.
Plan Senda
Conseguir un plena dixitalización da xustiza e consolidar a implantación do Expediente Xudicial Electrónico (EXE), cuxas pezas están todas en marcha na Comunidade. Ese é o obxectivo principal do Plan Senda 2020, que se puxo en marcha en 2015 cunha dotación de máis de 26 millóns de euros ata o 2020. En total, ambos plans sumarán un investimento de case 50 millóns de euros en 2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11