Jueves, 19 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 29 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

O PSdeG de Pontevedra lanza a proposta "+novas formas nas políticas locais"

A primeira destas citas terá lugar o vindeiro luns en Cangas á que seguirán encontros en Marín, A Cañiza, Baiona e A Estrada

Baixo o título "+Novas Formas nas políticas locais", as e os socialistas de Pontevedra botan a andar unha nova xeira de encontros abertos   coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que ao longo dos dous vindeiros meses manterá diferentes xuntanzas por toda a provincia para dar a coñecer as mellorar sociais que se producen nos concellos cando gobernan as e os socialistas.

 

Os encontros están orientados a dar a coñecer en cada comarca pontevedresa que os valores de Transparencia, compromiso social e igualdade son piares fundamentais na gobernanza socialista , "marcando unha diferencia fundamental con clientilismo e do caciquismo propio das forzas da dereita".

 

O primeiro deste encontros terá lugar este vindeiro luns, 1 de abril, en  Cangas, e continuarán ao longo de todo o mes desprazándose ata Marín, A Cañiza, Baiona, A Estrada e Vilagarcía, entre outros concellos.

 

Coa vista posta nas próximas eleccións  a Presidenta "valorizará tamén o novo modelo aplicado na Deputación de Pontevedra, co que se garante igualdade de servicios en toda a provincia e por riba de calquera cor político".

 

O secretario xeral provincial, David Regades, considera "moi importante seguir traballando neste tipo de encontros directos coa cidadanía, concibidos na mesma liña na que tamén se están desenvolvendo as mesas sectoriais, estas últimas centradas en temáticas concretas e orientadas a captar novas ideas e proxectos que incorporar os programas electorais".

 

O secretario xeral  amosouse convencido da importancia de poñer en valor todo o traballo feito pola Deputación de Pontevedra ao longo destes catro anos, que están permitindo reverter situacións de desequilibrio e desigualdades históricas en moitos concellos da provincia.

 

Cangas e Marín acollerán as dúas primeiras edicións

Este ciclo de coloquios darán comezo este mesmo luns, 1 de abril, en Cangas. Nel participarán, xunto á presidenta da Deputación, as e os candidatos de Moaña, Bueu e o mesmo Cangas. A cita será ás oito da tarde no hotel Jucamar.

 

O martes as e os socialistas desprazaranse a Marín. Alí, xunto ás candidata e candidatos da comarca pontevedresa, a presidenta da Deputación porá en valor as políticas desenvolvidas polas e polos socialistas á fronte das administracións municipais. O acto terá lugar ás oito da tarde no Mercado da Verdura da vila portuaria.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.