Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 31 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Presentación candidatura Gañamos

Nun acto íntimo reservado a simpatizantes e achegados presentouse no auditorio das Pedriñas a candidatura coa que GañaMós Asemblea Veciñal concurrirá aos comicios municipais de maio. No acto tamén participaron as deputadas Antón Sánchez, Marcos Cal, Carmen Santos e Julia Torregoso quen eloxiaron "o traballo desenvolvido por GañaMós nestes catro anos e auguraron un excelente resultado electoral que faga xustiza a todo este traballo".

 

O cabeza de lista e alcaldable, Román González, fixo un chamamento a toda a veciñanza ""a acudir as urnas nas eleccións municipais de maio porque os mosenses temos unha cita co cambio. Un cambio cheo de propostas para atender ás necesidades da veciñanza, un cambio para pór as veciña e veciños por diante dos intereses particulares ou partidistas.

 

Foi un acto breve no que os membros e simpatizantes da asemblea veciñal conminaron "a un esforzo extra ante o ilusionante reto de acadar un cambio para o noso Concello" explican nun comunicado engdindo que "a candidatura presentada representa moi ben a pluralidade e transversabilidade que sempre foron premisas para o noso proxecto. A lista está composta por candidatas e candidatos de todas as idades, que abranguen as diversas parroquias, persoas de distintos  oficios e sensibilidades, sendo a meirande participantes activos no tecido asociativo mosense. Todos os integrantes cunha cualidade en común, todas elas son persoas de confianza, persoas que van a cumprir co mandato da asemblea e dos votantes, persoas implicadas neste proxecto de cambio tan necesario en Mos".

 

 

Lista Candidatura: 1.- Román González Garrido; 2.- Roberto Rodríguez Dasilva; 3.- Aurora Giráldez Leirós; 4.- Cristóbal López Pazo; 5.- Soledad Lemos Pereira; 6.- Antonio Pasarín Rúa; 7.- Esther Domínguez Domínguez; 8.- Gonzalo Pérez Vázquez; 9.- Raquel Domínguez Santervas; 10.-Miguel A. Rodríguez Alonso; 11.- Mónica Romero Rivas; 12.- Alejandro García Maceira; 13.- Ángeles Fernández Agra; 14.- Samuel Rey Costas; 15.- Catalina Coya Soliño; 16.- Denís Pérez Alonso; 17.- Pilar Portilla Vida Suplentes: 1S.- Trinidad Villar Gutiérrez; 2S.- Diego Seijo Alonso; 3S.- Pepe Vázquez Pazó e 4S.- Martín Vázquez Fernández

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.