Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 01 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra financia dúas novas actuacións para Gondomar

Con estes investimentos do Plan Concellos 2019, financiarase a humanización das rúas San Bieito e Emigrante, e a pavimentación de camiños en Guntín, As Regadas e Boucelos

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno dous novos investimentos por un valor de 145.030,80 euros para Gondomar con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, destínanse 81.530,80 euros para a humanización da interconexión das rúas san Bieito e Emigrante coas estradas de Peitieiros e Chaín-Morgadán, e outros 63.500 euros para financiar as obras de mellora da pavimentación en camiños municipais nos barrios de Guntín, As Regadas e Boucelos (Borreiros).

 

Máis polo miúdo, vaise a humanizar todo o conxunto incluíndo os accesos á intersección desde as rúas emigrante e San Bieito e desde os viarios cara as parroquias de Chaín, Morgadáns e Peitieiros. Ademais, as obras implican a construción de beirarrúas, tratando de manter o ancho de 2,5 metros, con variantes en zonas puntuais.

 

Pola súa banda, na parroquia de Borreiros vanse levar  acabo obras de pavimentado de camiños, mellora do firme, da accesibilidade e funcionalidade, así como as escorrentías naturais de pluviais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.