MOS
O Concello de Mos recoñece o exitoso debut do grupo de Danza Coreográfica de Baila-Mos
Fanse chamar “As Meninas” e adéstraas a campiona mosense de Baile Deportivo, Patricia Martínez
Onte celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción ao grupo de baile mosense, Baila-Mos, na que estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e membros da Corporación Municipal.
As 6 compoñentes do grupo “As Meninas” de Baila-Mos estiveron acompañadas pola súa adestradora, Patricia Martínez.
O Club Baila-Mos que dirixe e adestra a campiona mosense do Baile Deportivo, Patricia Martínez, participou o domingo 17 de marzo nunha competición puntuable para o ranking nacional que se celebrou na Estrada.
Nela estreouse o primeiro grupo da modalidade de Danza Coreográfica do Club Baila-Mos, composto por Ainara Rodríguez, Sara Requejo, Noa Pintos, Shaila Pintos, Elena Gamallo e Eva Calvar.
As 6 compoñentes forman o grupo “As Meninas” e compiten na modalidade Danza Coreográfica, categoría Junior Territorial Iniciados. A súa estrea foi todo un éxito, pois na súa primeira competición conseguiron o 2° posto contra a Absoluta Territorial, e o 1° posto na súa categoría, Junior.
O grupo está composto por 6 bailarinas que compiten na categoría Junior Territorial Iniciados
Patricia Martínez declarouse como adestradora súa “súper orgullosa de ‘As Meninas’, de todo o traballo que fixeron no último ano e sobre todo contenta de que probasen o fantástico mundo da competición”.
En Modalidade de Baile Deportivo competiron as parellas formadas por Iago Antepazo e Tamara Carreira que conseguiron o 1° posto en Standard e 2° posto en Latinos. Maximino Remiseiro e Alicia Chaves 1° posto en Standard e Latinos. Ramón Pérez e Rosa Schwarz 1°posto en Latinos. Cada un nas súas correspondentes categorías de idade.
Martínez, como Técnica responsable do Club Baila-Mos xunto co seu compañeiro Adrián Esperón, quixo “darlles os parabéns a todos os que o día 17 de marzo participaron na Estrada e lanzarlles unha mensaxe: non hai premio sen esforzo, non hai recompensa se non te sacrificas, non hai vitoria sen loita”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87