Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 01 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra súmase á campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Este martes 2 de abril, en colaboración coa Asociación BATA, o pazo provincial iluminarase de azul para reivindicar melloras na vida das persoas con trastorno do espectro do autismo

A Deputación de Pontevedra sumarase este martes á celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que cada 2 de abril desde 2007 pon de relevo a necesidade de contribuír á mellora de calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA).

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou o seu apoio á campaña de concienciación, que este ano ten o lema de “I ∞ autismo. Unha dinámica nova para o autismo”, e anunciou que, a petición da Asociación BATA, o pazo provincial tinguirase de azul desde a tarde-noite deste martes 2 de abril ata a mañá do mércores. O edificio da Deputación de Pontevedra será un dos 350 edificios do país que iluminarase de cor azul.

 

O movemento asociativo do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, traballa co obxectivo de promover unha imaxe real e positiva das persoas con TEA e contribúe a visibilizar a súa realidade e as súas necesidades, así como o seu talento e as súas capacidades. Este 2019 a campaña ten como obxectivo principal promover cambios positivos en varias áreas da vida das persoas con TEA a través de obxectivos específicos como: o aumento da concienciación social sobre o autismo e promover así un mellor coñecemento que inflúa na inclusión de persoas con TEA; aumentar a concienciación dos e das representantes políticos; e reclamar a aprobación e posta en marcha do Plan de Acción da Estratexia Española en TEA.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.