PONTEAREAS
Belén Villar lamenta que o Concello se gaste 115.000 euros en cambiar as bombillas da N-120
No pleno extraordinario de onte "o alcalde levou unha partida de 115.000 euros para cambiar as bombillas da N-120" explica
A voceira e candidata do PP á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, lamenta que "teña que ser o Concello de Ponteareas o que invista na estrada N-120".
No pleno extraordinario, que se celebrou onte, o alcalde levou unha moción para investir 115.000 euros en cambiar as bombillas da N-120. “Isto amosa que a reunión que tivo lugar, hai unhas semanas, na Subdelegación do Goberno, con representantes do Ministerio de Fomento, non serviu para nada. Non hai ninguna intención de investir nesta estrada, foi un paripé para contentar ao alcalde e a Garrote, pero nada máis”, afirma Belén Villar. “Incluso a tenente de alcalde dixo que nesa reunión acordouse que Fomento xa comezaría coas obras de reforma, afirmando que o Goberno central se encontraba, meses momentos, co proceso de licitación de proxectos entre o que se incluía o das obras de seguridade na N-120". Unha mentira. Ademais, con esta iniciativa de Represas, da a impresión de que renuncian aos 6 millóns de euros que estaban presupostados”.
"Isto amosa que a reunión que tivo lugar na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, con representantes do Ministerio de Fomento, non serviu para nada" asegura
“Nós apoiamos esta moción, pero é un parche para tapar a ineficacia do Goberno central. Non se está a dar resposta ás demandas da Plataforma, que, entre outras solicitudes, pide máis puntos de luz. É triste que se nos estea a utilizar deste xeito. Os cidadáns de Ponteareas non nos merecemos isto, non nos toman en serio e o primeiro que se ri de todos é o alcalde”, conclúe a voceira do Partido Popular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40