Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Arévalo sentarase a falar coa xente na bancada parladoiro das parroquias

Nidia Arévalo continúa así co seu "habitual modelo de xestión baseado en escoitar as necesidades e demandas dos veciños" segundo explican.

A alcaldesa de Mos e candidata á Alcaldía ás eleccións municipais polo Partido Popular de Mos, Nidia Arévalo, vén de presentar onte a bancada “Nidia con Mos”, un  espazo especialmente deseñado para "escoitar e falar cos veciños das diferentes parroquias do municipio e que contará cunha axenda propia nesta campaña ás municipais de maio do 19".

 

Rotulada coa palabra FALAMOS? en grande, a bancada vén de comenzar onte o seu percorrido na contorna do Paseo do Louro, no Parque da Pesqueira. Durante preto de dúas horas, Nidia Arévalo departiu coa xente que estaba na zona: nais e pais que estaban cos fillos no parque infantil, xóvenes que aproveitaron o bo tempo para saír a facer deporte pola zona, persoas maiores, etc.  O obxectivo da bancada parladoiro “Nidia con Mos” é precisamente o de escoitar e compartir  cos veciños as súas necesidades e visión de Mos.

 

A bancada percorrerá espazos de diferentes parroquias ou ben se situará en lugares concretos para falar con colectivos do muncipio, segundo a ocasión así o requira. Así, segundo declarou Arévalo, o obxectivo da bancada é seguir escoitando a todos: “Hai catro anos escoitei o que tiñan que dicir os veciños para facer un programa e un proxecto coherente para Mos. Neste momento, como non podería ser doutro xeito, o farei de novo”. “É moi importante estar en contacto permanente coa xente que quere Mos tanto coma nós”, engadiu Arévalo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.