SALCEDA DE CASELAS
O PSdeG-PSOE de Salceda realiza xuntanzas cos diferentes colectivos da vila
O PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas realizou durante toda a lexislatura un plan de traballo que consistiu en visitar as parroquias ano tras ano, levando a cabo xuntanzas para coñecer as inquedanzas da veciñanza e colectivos. A situación de abandono e falta de comunicación do goberno municipal con esas entidades fixo que os socialistas sexan en Salceda o voceiro de moitos destes colectivos.
Estas xuntanzas danlle ós socialistas de Salceda "unha visión xeral dos problemas e inquedanzas da sociedade salcedense, polo que este traballo verase reflectido no programa electoral" que a Agrupación Local selas está a realizar de cara ás próximas eleccións municipais.
Por outra banda, nestes meses previos aos comicios locais os socialistas de Salceda están a realizar reunións sectoriais para continuar enriquecendo o programa electoral coas aportacións das entidades deportivas, musicais, sociais, ecoloxistas, culturais e comerciais do Concello.
Busca deste xeito o PSOE, ser un reflexo das demandas sociais do concello a través dun programa participativo e consensuado con toda a veciñanza.
A voceira socialista e candidata á alcaldía Verónica Tourón explica que “cremos na política de proximidade, e esa é a que levamos facendo durante toda a lexislatura, achegando a política municipal a toda a veciñanza”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217