Galicia
Máis de 120 correspondentes xuvenís participan nun encontro sobre alberguismo
A esta primeira iniciativa asisten mozas e mozos de Galicia, Canarias, Castela-León, Madrid, Murcia e Navarra
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta fin de semana ao primeiro encontro de correspondentes e alberguismo xuvenil das diferentes comunidades autónomas, que ata o domingo ten lugar no albergue de Gandarío. Máis de 120 mozas e mozos procedentes de Galicia, Canarias, Castela-León, Madrid, Murcia e Navarra danse cita nesta xuntanza organizada pola Rede Española de Encontros Xuvenís (REAJ), en colaboración coa dita Dirección Xeral, e na que se mesturan aspectos educativos e lúdicos.
Cristina Pichel destacou a importancia destas xornadas para mellorar a capacitación dos participantes como transmisores de información a outras persoas mozas no que respecta aos albergues xuvenís e as súas posibilidades. Trátase, ademais, de promover o alberguismo entre a xuventude de distintas comunidades autónomas, a aprendizaxe mutua e o intercambio de experiencias.
Os participantes neste encontro son, na súa maioría, estudantes de 2º, 3º, 4º de Secundaria, e 1º de Bacharelato. Cada un deles exporán como funcionan os correspondentes xuvenís nas súas comunidades de procedencia e como ven eles o alberguismo.
As persoas que asisten a este encontro foron seleccionadas despois de presentar un vídeo, cunha duración mínima dun minuto e máxima de tres, no que amosaban os atractivos da súa comunidade autónoma e lugares ou puntos de interese, enfocando o proxecto cara a mobilidade xuvenil en Galicia a través dos albergues xuvenís da REAJ existentes como opción de aloxamento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11