GALICIA
A Xunta destina 2,5m€ ás asociacións e federacións de comerciantes
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as convocatorias de axudas destinadas a centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións
A Xunta vén de activar axudas por 2,5 millóns de euros para impulsar a competitividade do comercio mediante a colaboración cos centros comerciais abertos (CCA), asociacións de praceiros e federacións. O obxectivo é impulsar o papel dinamizador do comercio na actividade das vilas e cidades galegas a través de iniciativas que permitan atraer clientela e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 2 de maio.
Por unha banda, destínanse 2 millóns de euros á liña dirixida a centros comerciais abertos para proxectos que inclúan iniciativas de dinamización comercial, sistemas de fidelización, sinalización externa ou mellora da competitividade comercial, entre outros. Como novidade, entre as actuacións subvencionables inclúese a creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, con apoios para a posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web do CCA ou márketing dixital. Cada entidade pode obter apoios de ata 40.000 euros, en función do número de comercios asociados e a poboación da localidade na que estean situados.
Os apoios, que poden chegar aos 49.000 euros, permitirán atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos aos consumidores a través de proxectos de dinamización, fidelización de clientes ou sinalización
Esta liña tamén se dirixe a asociacións de praceiros que, ademais de proxectos de fidelización, sinalización, dinamización e competitividade, poderán desenvolver iniciativas relacionadas coa mellora de instalacións e equipamentos. As axudas poden chegar a un máximo de 9.800 euros.
A segunda liña, á que se destinan 500.000 euros, está dirixida a asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións para o impulso do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial. Neste caso, os apoios poden chegar aos 49.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11