PROVINCIA
A Deputación aproba as bases para as actividades deportivas deste ano
As axudas están dirixidas a entidades e clubs deportivos sen fins de lucro para a realización de actividades deportivas durante este ano e teñen un orzamento de medio millón de euros
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases das subvencións dirixidas a entidades e clubs deportivos sen fins de lucro para a realización de actividades deportivas durante o ano 2019. O orzamento destas subvencións é de 500.000 euros e poderán solicitalas as asociacións e clubs deportivos sen fins de lucro que teñan o seu domicilio social na provincia de Pontevedra e estean inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte. A cantidade solicitada non poderá exceder o 80 % do orzamento total da actividade e ten que ser unha actividade concreta que non se realice durante todo o ano.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través dun formulario da páxina web e o prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria das bases e do extracto no BOPPO. As entidades solicitantes deberán presentar unha memoria explicativa da actividade e o orzamento de ingresos e gastos detallado e totalizado.
Para a concesión das subvencións teranse en conta os seguintes criterios: número de deportistas ou equipos participantes, ámbito territorial, número de xornadas, antigüidade e consolidación do evento, orzamento de gastos e ingresos do evento, achega económica da propia entidade ao financiamento do evento, interese turístico da actividade e promoción do deporte base, feminino e de persoas con diversidade funcional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11